Todos os produtos «pescadeRías ¿de onde se non?» proceden do marisqueo ou da pesca de baixura que se desembarca diariamente nos portos da Comunidade Autónoma de Galicia. Todos eles teñen, polo tanto, menos de 24 horas fóra do mar no momento da súa primeira venda.

Os métodos empregados para a súa extracción son, ademáis, respectuosos co medio ambiente, e procuran unha pesca sustentable pensando nas xeracións futuras.

Os produtos pesqueiros que podemos atopar na marca pertencen a estes grandes grupos:

  1. Peixes
  2. Moluscos bivalvos
  3. Cefalopodos
  4. Crustáceos
  5. Algas mariñas
Poden aparecer no mercado ademáis de frescos, conxelados, transformados (conservas) e/ou elaborados (precociñados).

A presenza do logotipo da marca no etiquetado destes produtos garante que non se mesture produto certificado con produto non certificado.

abadexo, acedia, agulla, alcrique, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa fina, ameixa rubia, ameixa xaponesa, anguia, argazo, argazo bravo, barbada de area, berberecho, bertorella de lama, bertorella de rocha, boga, bolo verde, bolo vermello, bonito do norte, cadelucha, camarón común, cangrexo común, caramuxo, carneiro, castañeta, centola, chaparella, cherna, choco, choquiño, choupa, cinta, congro, cornicha, corvina real, curuxo, doncela, dourada, dulse, escachos, escarapote de pedra, escarapote de pintas, faneca, fodón, golfo, lagosta, lapa común, linguado, linguado de area, linguado de pintas, lirio, lirpia raiada, longueirón, longueirón vello, lumbrigante, lura, maragota, melgacho, mero oscuro, muxos, navalla, nécora, ollomol, ostra, ourizo, pancho bicudo, peixe sapo, peneira, percebe, pescada, piarda, polbo, pota común, prago, rabioso, raias, rapapelo imperial, reloxo, robaliza, rodaballo, saboga, salmonete de lama, salmonete de rocha, sanmartiño, santiaguiño, sardiña, sargo común, serrán cabra, solla, touca, vieira, volandeira, xarda, xuliana, xurelo, zamburiña,